MOEDAS SOCIAIS



QUÉ SON AS MOEDAS SOCIAIS?

Son moedas complementarias ao euro que son utilizadas como instrumento de intercambio sen ánimo de lucro.
As moedas sociais nacen por necesidade de volver a xestionar a economía desde as persoas. Sriven para cando unha persoa non teña os suficientes euros, que poida invertir na economía igualmente pero doutra forma. Desta maneira, é máis difícil que a economía se estanque.
Coas moedas locais búscase formar unha rede solidaria entre persoas, pero sobre todo, darlle outro valor ao producto.
Utilizando este tipo de moedas destaca as relacións máis próximas e de máis confianza que se crean entre persoas xa que os locais que admiten este método de pago obteñen máis fama por ser máis familiar e de confianza.
Definitivamente, coas moedas sociais foméntase o mercado social, crease unha economía alternativa e solidaria. Asimesmo, potenciase un consumo local, responsable e ecolóxico mellorando a calidade de vida das persoas.


3 EXEMPLOS DE MOEDAS SOCIAIS


1. BRISTOL POUND:
Valiendo £1 por unidad, en Septiembre de 2012 Bristol Pound foi lanzada na cidade de Bristol, Reino Unido, por unha empresa sen ánimo de lucro, co propósito de impulsar o comercio local, evitando de tal maneira o consumo de produtos e servizos ofrecidos polas grandes empresas que, consideran, non fai máis que extraer o diñeiro da cidade.
Ofrecen 3 métodos de pago:
  • Efectivo: acúdese ao establecemento e realízase a transación de maneira física.
  • SMS: envíase o código do comercio e o importe da compra a un número determinado.
  • Dixital: Con conta a través dunha plataforma.
Un dos beneficios más destacables é que as empresas locais ofrecen descontos de todo tipo ao facer uso desta moeda.
Bristol Pound. El Magacín.


2. O PUMA
Moeda complementaria ao Euro, creada e xestionada pola rede de personas que fan uso da mesma no barrio El Pumarejo, en Sevilla, España.
A moeda Puma ten como obxectivo:
  • Favorecer que a riqueza que se cree se quede entre a xente do barrio.
  • Coñecer mellor ás persoas do barrio e o seu entorno.
  • Fomentar o empoderamento do barrio.
  • Coidar o medio ambiente, xa que os bens e servicios promovidos, prodúcense, na súa maioría, de forma ecolóxica e artesanal, intercambiándose a nivel local.
  • Apoiar aos comercios e profesionais locais.
  • Financiar proxectos de interés comunitario.
Para poder participar nesta red de intercambios, é necesario solicitar rexistrarse a través do seu sitio oficial, para posteriormente ter aceso para publicar un servicio, coidado ou produto que se desexa intercambiar.

Contacto – Red de Moneda Social Puma
3. O BITCOIN
A criptomoeda máis utilizada no mundo fixo a súa primeira aparición en 2008 no sitio www.metzdowd.com, onde nun artigo descríbese o protocolo do proxecto Bitcoin. Un ano máis tarde a criptodivisa foi lanzada ao publicar a primeira aplicación cliente, de código aberto, por un grupo anónimo do cal a única pista é o pseudónimo ‘Satoshi Nakamoto‘, autor do artigo publicado o ano anterior. Pódese comprar calqueira cousa, dende unhas gafas de sol ata un coche.
Hoxeen día o Bitcoin gañou fama non sólo polos beneficios que ofrece frente ao diñeiro fiat, senon polas controversias que cargou consigo, pois, por exemplo, abriu un abanico de posibilidades a organismos delictivos para realizar transaccións de mercancías ou servizos ilícitos, xa que facilita seus movementos no anonimato a través da web profunda. O Bitcoin utilízase en todo o planeta.
Bitcoin Evolution, una interesante oportunidad en el mundo de las ...









Comentarios

Entradas populares de este blog

TRABALLO COLECTIVO EDUCAIXA

COMERCIO XUSTO