SIPNOSE VÍDEO DA FAMILIA MENDOZA
A familia Mendoza está formada de dez fillos, a súa nai e o seu pai. Viven en Chortí, Guatemala. Esta familia gaña menos dun Euro ao día, e os seus fillos están frecuentemente enfermos e estes necesitan medicamentos e tratamentos, pero non teñen diñeiro para pagalos. A causa disto, o pai da familia acude a un familiar para que lle preste diñeiro, pero non pode prestarllo e lle recomenda ao seu irmán,do cal consegue a axuda económica para pagar o tratamento de Elmer. Para chegar ao centro sanitario onde ten que ingresar Elmer, os pais necesitan faceer autostop, pois non teñen medios de transporte cercanos á sua vivenda,e aínda menos, teñen un vehículo propio. Así, Elmer queda ingresado na clínica, na cal terá que seguir a dieta do maínzo. No vídeo, o médico do hospital explica que debido á desnutrición, moitos nenos sofren un retraso na aprendizaxe ( e pon como expemplo a unha rapaza de 12 anos que estaba aínda no primeiro curso de primaria). Os fillos adolescentes t...