CUESTIONARIO SOBRE A CALIDADE DE VIDA DA FAMILIA MENDOZA

1-Recorda a definición de Economía e valora a situación da Familia Mendoza falando de todos os aspectos mellorables.

Entendemos como economía unha actividade social orientada a satisfacer as necesidades materiais das persoas aceptando unhas regras de xogo baseadas en certos valores que teñen moito que ver coa democracia e os dereitos humanos.
A familia Mendoza encóntrase nunha situación de vida desfavorable, pois a maioría dos funcinamentos básicos non os teñen cubertos o que fai que non teñan capacidade de elección.Viven nunhas condicións horribles nunha casa que non é apropiada para unha familia numerosa, ademáis de que non teñen acceso á electricidade e non contan directamente con auga potable . Ademáis, viven moi afastados do centro no que se encontran todas as infraestruturas importantes ás que deberían ter fácil acceso como o centro de saúde.


2- Como son as Capacidades da Familia Mendoza? Describe as súas realizacións. 

As capacidades da Familia Mendoza son moi limitadas, é dicir, teñen moi pouca capacidade de elección xa que contan con poucos funcionamentos.
Algunhas das súas capacidades son:

  • O señor Mendoza elixe pedirlle diñeiro ao seu pai para poder pagar o tratamento ao seu fillo pequeno.A realización de esta capacidade é que o neno pode quedar na clínica sendo tratado grazas ao diñeiro que lle prestou  un amigo ao señor Mendoza.

  • Os fillos adolescentes dos Mendoza elixen marchar do seu fogar en busca de traballo. O encontro de traballo sería a realización de esta capacidade.


3-Analiza:

  • A vosa primeira escola en Narón e a dos nenos da familia Mendoza: a miña primeira escola era moi diferente á dos nenos dos Mendoza xa que nos tiñamos unha gran variedade de xoguetes e ademáis moitos libros, en cambio, na súa escola non tiñan os xoguetes suficientes cos que xogasen todos os nenos. Pero a gran diferenza é que as nosas clases estaban compostas por nenos da mema idade, e no vídeo pódese ver que na mesma clase hai unha gran diferenza de idade entre os alumnos.


  • A vosa vivenda e a da Familia Mendoza :  nunha vivenda como a da familia Mendoza non debería vivir niguén porque non ten acceso a auga potable, rede eléctrica e moito menos auga quente para asearse, e a comida para alimentar á familia é excasa. Nós e a maioría de poboación en Narón temos estes aspectos esenciais cubertos para vivir nunha vivenda digna, e as peorsoas que non teñen acceso a unha vivenda poden acudir a albergues nos que se lles facilite auga, luz e comida. 

  • Os servizos médicos en Narón e os servizos que reciben os nenos dos Mendoza: os servizos médicos de Narón comparados cos da familia Mendoza son moito mellores e moito máis ricos en persoal médico, en atención. O hospital no que ingresou o fillo menor tiña poucos recursos, pero, unha cousa positiva de este hospital é que aínda sendo pouco persoal médico, facían unha boa atención aos pequenos pacientes.

  • O transporte: en Narón moita parte da poboación conta cun vehículo particular. Pero ademáis, hai transporte público utilizado por calqueira persoa. A familia Mendoza non conta con ningún tipo de transporte. Para poder desplazarse dependen da bondade das persoas que teñen un vehículo, pois os Mendoza fan autostop.



4.- Ordena as necesidades primarias da Familia Mendoza: 
  1.  Alimentación saudable
  2. Sanidade
  3. Auga potable
  4. Vivenda digna
  5. Saneamento
  6. Educación
  7. Renda mínima familiar
  8. Traballo digno



6.- Nomea 6 bens que aumentarían a Calidade de vida da Familia Mendoza: 


  • 2 relacionais: entre todos os veciños facer unha rede de tuberías dende o río de auga potable ata unha fonte ou pozo que lles facilitase o acceso á auga; Arranxar os camiños parA que todos podan transitalos máis facilmente.

  • 2 públicos: infraestruturas viales que lles permitan acceder ao centro da cidade máis facilmente xa que o lugar no que viven está formado por camiños e pistas de terra en mal estado e difíciles de transitar. A sanidade pública axudaría moito á familia Mendoza xa que non teñen diñeiro para poder pagar consultas, tratamentos e medicamentos.

  • 2 bienes privados:  nun monte privado qe fose cedido á comunidade de veciños  facer unha horta que fose mantida por todos e así poder ter unha boa alimentación.
  • Un vehículo particula ou unha empresa de transporte para poder desprazarse de forma máis rápida





















Comentarios

Entradas populares de este blog

TRABALLO COLECTIVO EDUCAIXA

COMERCIO XUSTO