Contorno Ferrolterra
CONTORNO FERROLTERRA
Área de influencia:
A comarca de Ferrol, coñecida como Ferrolterra, é unha comarca costeira situada na provincia da Coruña, no noroeste de Galicia. Limita o noroeste e co Océano Atlántico, ao leste coa comarca de Ortegal e ao sur coa comarca do Eume.
Dentro da comarca distínguense 3 aneis subcomarcales: mirando á ría de Ferrol, os municipios de Ares, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda (estes concellos están moi cohesionados entre sí e dependen en gran medida de Ferrol e Narón); unha segunda zona, a máis alonxada da costa é a que se extende polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e as Somozas; e a terceira subcomarca está formada polo Concello de Cedeira.
Ferrol é a capital da comarca.
Demografía e economía:
Nas últimas dúas décadas, en Ferrolterra producíronse un declive demográfico e un declive económico bastante significantes.
Demográficamente, desde comezos do século XXI, Ferrol perdeu o 15% da poboación total. Ademáis, o ano 2018 é o ano no que se rexistraron menos nacementos e máis mortes do último medio século.
Económicamente, o índice de actividade económica reduciuse nun 24% e o número total de empresas diminuíu un 5%.
A poboación de Ferrol presenta características preocupantes, pois é maior a poboación envellecida que a poboación menor e a poboación en idade de traballo.
Máis Ferrol tivo etapas brillantes nas que o diñeiro abundaba como consecuencia da plena ocupación dos asteleiros. En Ferrolterra encontrábanse o asteleiro de Bazán, situado en Ferrol, e o asteleiro de Astano, o cal localízase en Fene.
O asteleiro de Bazán dedicado fundamentalmente á construcción naval militar foi o principal causante de que Ferrol se convertise na maior cidade demográfica de Galicia en 1800. Ferrol vivía por e para a mariña. Pero as restriccións impostas pola UE, os efectos da crise da burbulla inmobiliaria e o desmantelamento militar produciron efectos negativos e levaron a Ferrol a unha crise aínda duradeira.
Asteleiro de Bazán
Por outro lado, o asteleiro de Astano dedicábase á construció de navíos civís. Este tamén tivo a súa época de esplandor cando nel comenzáronse a realizar petroleiros de grande importancia. Pero a súa decadencia comezou cando o goberno central pactou coa UE reducir a capacidade do asteleiro. Gran parte dos traballadores víronse afectados.
Tamén foron importantes outras empresas fora do ámbito naval, como Pybse (Pesqueiras e Secadoiros de Bacallao de España), Fenya (Fabricacións Eléctricas Navais e Artilleiras), Peninsular Madereira, a fábrica de xabóns Beceiro e a fábrica de lápis Hispania. Non tiveron tanta impotancia e peso económico en Ferrol como as empresas navais, máis crearon un gran número de postos de traballo. O peche de estas empresas fixo que se incrementáse o número de desemprego en Ferrol.



Comentarios
Publicar un comentario