QUÉ É O COMERCIO XUSTO? O comercio xusto é un movemento internacional que loita pola xustiza global mediante a comercialización de produtos feitos en condicións xustas, a mobilización social e a defensa política. O comercio xusto denuncia as orixes da pobreza e a desigualdade, desenvolvendo un sistema comercial alternativo ao convencional no que os dereitos dos pobos e do medio ambiente están no centro da actividade económica. Baséase en dez principios acordados internacionalmente que garanten o trato xusto das organizacións de produtores e o respecto aos dereitos humanos dos traballadores e do medio ambiente. Os produtos de comercio xusto véndense en varias canles: tendas de comercio xusto, grandes almacéns, herbolarios, hoteis e restaurantes, etc. Non obstante, as tendas de comercio xusto son o espazo de referencia para o movemento, espazos onde atopar unha ampla gama de produtos de comercio xusto (alimentos, roupa, accesorios, artigos domésticos, xoguetes e material infantil, co...
Comentarios
Publicar un comentario