FAMILIA MENDOZA
A familia Mendoza é unha familia numerosa a cal vivía nunha pequena choza en pésimas condicións. Non tiñan os suficientes medios económicos cos cales poder manterse. Esta familia caracterízase por ter moitos nenos que manter, son varios nenos pequenos e dous rapaces adolescentes os cales teñen que marchar da casa para ir a traballar. A súa situación de vida era tan mala que o neno máis pequeno sufría desnutrición,entón a nai acude con él ao hospital,pero,o problema é que acudiran ao hospital moitos pais e nais cos seus fillos desnutridos (así puidemos darnos conta de que non só era a familia Mendoza a que estaba nesta situación, senon que eran unha gran parte das familias que vivían na mesma zona). O médico recomendoulle á muller Mendoza que o deixara no hospital, xa que contaban cun plan de coidados para os nenos, e así, que puidesen evitar a súa morte por desnutrición.
Para poder deixar ó rapaz alí, os Mendoza non contaban co suficiente diñeiro que lles facía falta, polo que o señor Mendoza acudiu ao seu pai para que lle prestase o diñeiro, pero non puido prestarllo xa que tampouco tiña.
Ao final, puideron conseguir o diñeiro, e o neno ingresou no hospital. O raparigo tivo todo tipos de coidados: hixiénicos, alimenticios, educativos,contaba con xogos e xogutes...
Comentarios
Publicar un comentario